Rede de bosques comestibles FP

Diferentes centros formamos rede a través dun proxecto de experiencias colaborativas para aplicar novas estratexias de xestión e manexo dos sistemas agroforestais en diferentes territorios, tratando de divulgar o manexo sustentable de sistemas mais resilientes e adaptados ao cambio climático.
Os centros formativos de Formación Profesional que colaboramos no proxecto somos os que siguen:

  • IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo)
  • IES Antón Alonso Ríos de Tomiño (Pontevedra)
  • IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense)
  • CIFP A Granxa de Ponteareas (Pontevedra)

Para ver a experiencia de implantación e xestión do seu bosque comestible clica no nome do instituto no banner superior do web

Manual Boas prácticas nos bosques comestibles en centros de ensino

Versión en dixital do manual

Que é un bosque comestible?

Entendemos os Bosques Comestibles como Sistemas agroforestais (SAF) biodiversos e integrados na paisaxe onde se realiza un aproveitamento multifuncional cultivando diferentes especies, con finalidades produtivas e protectoras.

Un monte vivo, diverso e eficiente, que preste múltiples servizos ecosistémicos e que forneza alimentos e outros produtos á comunidade, lonxe da simplificación da monoculturización dos sistemas forestais cada vez máis presentes no noso territorio.

Plantación illa IES San Rosendo

Plantación da illa IES Antón Alonso Ríos

Plantación da illa no CIFP A Granxa

Xornada de implantación Bosque comestible IES Cidade de Antioquía

A evolución

Dende entón os esforzos de cada centro foron encamiñados en crear un modelo de bosque comestible, nas nosas fincas de prácticas, que servira de modelo e experimentación para extrapolar, nun futuro, ao noso territorio.

Os inicios

A rede de bosque comestibles comeza coa presentación do proxecto á convocatoria do FP Innova de 2021.  

Colectividade

O conxunto de todos eles conforma o que chamamos "Rede de bosques comestibles da FP en Galicia"

Difusión do proxecto:

-Comunicación nas  XXIX Xornadas da SEAE "Una salud, un planeta, un mundo rural diverso" 28 xuño 2021

Proxecto de innovación premiado na Resolución do 26 de novembro de 2020 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e  proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade