Onde estamos? O CIFP A Granxa está localizado no concello de Ponteareas, na parroquia de Areas.
Atopámonos nunha zona de clima atlántico, pero con moita influencia do mediterráneo. Os veráns son curtos, calurosos e despexados e os invernos son fríos e bastante nubrados. Aínda que a superficie do centro é de 12 Ha, para o noso proxecto partimos dunha parcela de 1343 m2, nesa superficie hai plantadas especies arbóreas a marco real, excepto na parte central que atopamos algunhas marras.
O noso obxectivo é potenciar o que xa temos e introducir novas especies para aumentar a biodiversidade da flora, de xeito que se rompa o marco real de partida e ademáis fomentemos a atracción de fauna beneficiosa, como aves, insectos polinizadores...
Outro dos obxectivos é a mellora da calidade do solo, xa que constitúe o soporte natural das plantas, no que fixan as súas raíces e do que extraen elementos esenciais, ademais de actuar como depósito para a reserva de auga e osíxeno, polo que aplicaremos técnicas de manexo respetuosas para aumentar o contido da materia orgánica nel.
O deseño de partida presenta unha distribución das especies a marco real.
Situación de partida da superficie na que imos actuar.
Vexetación arbórea existente
Partimos xa, dunha zona onde existe unha plantación a marco real. Moitas das especies alí plantadas as aproveitaremos para integralas no deseño do noso bosque, buscándolle un posible uso que lle dee un valor engadido ao noso espazo.
Aquelas especies que non aporten dalgún xeito unha mellora se irán eliminando e sustituindo por especies máis beneficiosas.
Detállanse a continuación as especies arbóreas cos seus posibles usos:
- Abies Normandiana (Abeto do Caucaso) empregado coma árbore do nadal
- Alnus glutinosa (Ameneiro) fixa Nitróxeno no solo e ademáis posúe propiedades mediciñais.
- Celtis australis (Lodoeiro) os froitos, comestibles, pódense usar para preparar mermeladas. A madeira é útil en traballos de torneado como na fabricación de fustas.
- Corylus avellana ( Abeleira), para aproveitamento de froitos e as varas para cestería ou caxatos.
- Crataegus monogyna (Estirpeiro) aporta alimento e refuxio ás aves
- Fraxinus excelsior (Freixo) usabase tradicionalmente para mangos de ferramentas, Os foliolos e codia teñen usos mediciñais.
- Ilex aquifolium (Acibro) aporta alimento e refuxio ás aves
- Nyssa sylvestris (Tupelo) é productor de melaza, os froitos son comestibles
- Picea excelsa (piñeiro do nadal) especie cun crecemento moi reducido, posible eliminación dalgúns exemplares.
- Pinus radiata (Piñeiro de Monterrei) para aproveitamento resineiro
- Populus hibrido (Lamagueiro), árbore que produce boa madeira, nós imos talar algún exemplar para inoculación de Pleurotus.
- Prunus avium (Cerdeira) aproveitamento do froito e madeira de calidade
- Prunus mahaleb (cereixeira de Santa Lucía) aproveitamento do froito
- Pseudotsuga menziesii (Abeto de Douglas) posúe unha madeira de excelente calidade.
- Quercus robur (Carballo) aporta alimento e refuxio ás aves.
- Quercus petraea aporta alimento e refuxio ás aves
- Taxus baccata (Teixo) aporta alimento e refuxio ás aves
Na nosa superficie carecemos dun estrato arbustivo, polo que será unha debilidade que temos que ter en conta á hora de introducir novas especies.
Vexetación herbácea existente
A vexetación herbácea que hai no noso espazo é indicativa do estado do solo. Co estudo das especies podemos empregalo para darnos unha idea que plantas se poderían adaptar mellor ao espazo.
Nesta actividade saíron a relucir moitas menciñas caseiras que aínda se empregan en moitos fogares para combater determinadas afeccións.
Algunhas das especies investigadas formaron parte do herbario de especies mediciñais que tiña que realizar cada alumn@
El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Realizaronse fichas das especies do bosque, onde se describiron as especies atopadas coas súas propiedades e os posibles usos e aplicacións e vimos que moitas das especies presentes no noso bosque teñen un uso mediciñal ou culinario.
Analise do solo
O alumnado de 1º Xestión Forestal e do Medio Natural realizaron unha recollida de mostras de terra na superficie adicada ao proxecto do bosque comestible, co obxectivo de analizar as características fisico-químicas do solo. Esta tarefa é de gran importancia para determinar se compre levar a cabo algún tratamento previo ao plantado das especies.
Recolleuse tres mostras, con barrena e pala, en tres puntos diferentes da parcela. Para cada toma, excavouse un recadro de 25x25 cm con unha profundidade de 20 cm, de donde extraeron as mostras coidando que non contivesen pedras nin restos vexetais.
O material foi enviado á Estación Fitopatolóxica Areeiro, en Pontevedra, de onde obtivemos resposta en cuestión de poucas semanas.
O estudo concluíu cuns resultados en pH considerablemente baixos, que determinan un solo ácedo. A análise amosa tamén altos contidos en materia orgánica e en fósforo, potasio e magnesio. Aínda que a proba non o especifica, dedúcese, pola capacidade efectiva de intercambio catiónico, que se trata dun solo de tipo medio areoso.
Os bos resultados edafolóxicos no tocante á materia orgánica e aos principais nutrintes, indícannos que non é preciso realizar abonado nin fertilización previos, polo que nos poñemos man a obra e a plantar!
Producindo planta
Prodúcese planta con destino ao bosque comestible do centro, para isto empregarase tanto a multiplicación sexual en plantas aromáticas herbáceas e algunha froiteira, como a vexetativa en froiteiras leñosas ou semileñosas.
Emprégase a multiplicación vexetativa para especies nas que nos interesa manter as características produtivas, coma no caso do arando (Vaccinium corymbosum), para evitar a súa regresión a especie espinosa, coma no caso da amora (Rubus fruticosus), ou simplemente para obter en pouco tempo unha planta de certo tamaño, coma na caso do romeu (Salvia rosmarinus).
Na multiplicación por semente elexironsen unha variedade de plantas hortícolas e aromáticas das que mellor se adapten ao deseño do bosque para a súa implantación ou reposición no propio bosque. As especies cun desenvolvemento mais lento atópanse aviveirados agardando acaden as dimensións axeitadas.
Toda a planta producíuse en bandexa de alvéolos para facilitar a súa posterior adaptación ao terreo.
Talado de especies arbóreas
Pinus
Algunhas das especies de Pinus radiata están afectadas pola avelaiña do piñeiro (Rhyacionia buoliana), polo tanto a decisión foi eliminalas para evitar malformacións nas polas, con iso ademáis conseguimos despexar un pouco o noso espazo, para poder introducir outras especies, que nos aporten froita.
Os troncos do apeado empregaranse como límite do espazo da illa que imos implantar.
Populus
A decisión de podar algún Populus é porque están colocados cara o Sur e asombran moito o noso espazo, ademáis ao ser especies de crecemento rápido as copas xa estan tocando unha con outras. Realizaremos a entresaca desta especie de xeito gradual. A súa madeira aproveitarse para realizar inoculación de cogomelos saprofitos (Pleurotus ostreatus, P. eryngii e shiitake)
Fabricando solo: Astelado de restos vexetais
Fíxose un apeado, despunte e trozado de especies de Pinus radiata e de Populus hibrido, no primeiro caso por sufrir danos debido ao insecto avelaíña do piñeiro e, no caso do populus, porque nós sombreaba en exceso a nova plantación.
O astelado da madeira vainos servir de acolchado para a illa do bosque comestible, co fin de evitar as perdas de auga por evapotranspiración, conservando o máximo de humidade no solo e ademáis, a medida que se vai degradando a materia orgánica, incorporaranse nutrintes no solo.
O populus é unha especie que se utiliza para recuperar zonas de ribeira, podendo utilizarse como bioindicador da contaminación dalgúns elementos como o cadmio, o cinc e o arsénico..
Rozado do bosque coa rozadora portátil
A rozadora portátil ten unha serie de vantaxes á hora de eliminar vexetación nun bosque, por un lado evítase o pisoteo excesivo do solo que con outro tipo de maquinaria pesada coma unha rozadora de cadeas sería maior e por outro lado os restos vexetais unha vez secos se poden aproveitar para realizar o acolchado da nosa plantación e así evitar perdas de auga e retardar o crecemento de herbas alleas ás plantadas.
Por outra banda estamos incorporando materia orgánica ao solo, cando se inicie a súa descomposición.
Naquelas zonas onde tiñamos máis vexetación realizouse un fresado do terreo
Obradoiro de creación e xestión de bosques comestibles
Para o deseño da nosa illa contamos coa axuda da técnica experta en Bosques comestibles Henar Dieguez Rapa, asesorándonos e indicando as especies máis axeitadas para que cumpran os requisitos establecidos de partida, que son: unha mellora do solo, a obtención de prantas aromáticas, culinarias e medicinais, ademáis de plantas hortícolas, pequenos froitos e froiteiras, de xeito, que cada pranta realice a súa función na illa.
Implantación dunha illa no bosque
Especies da illa:
As especies que imos introducir son basicamente froiteiras, arbustos, aromáticas, herbáceas e hortícolas. Tamén realizaremos sementeira dalgunhas especies.
A densidade de plantación é bastante alta para poder cubrir toda a superficie do solo e evitar a proliferación de herbas non desexadas.
Por qué realizamos unha illa de forma lonxitudinal no espazo que imos adicar a bosque comestible?
O motivo de realizala con forma lonxitudinal e non moi ancha é para que podamos intervir de xeito correcto no manexo da illa, abarcando dende ambos lados, sen pisar o terreo de plantación e, por tanto, non invadimos o solo da illa, favorecendo ao desenvolvemento de microorganismos e evitando que se produzca a compactación do solo polo pisoteo.
Nun momento a illa cambia de dirección para unha zona máis umbría, nesa zona plantaremos especies que non requiran tanta iluminación.
Froiteiras
- Citrus reticulata (Mandarino)
- Pyrus communis (Pereira)
- Litchi chinensis (Lichi)
- Syzygium paniculatum (Eugenia myrtifolia, Cereza magenta)
- Prunus domestica subsp. Syriaca (Mirabel)
Arbustos e aromáticas
- Vaccinum corymbosum (Arándano)
- Vaccinum macrocarpon (Arándano vermello americano)
- Thymus vulgaris (Tomillo, Tromentelo)
- Thymus X citriodorus (Tomillo cítrico, Tromentelo)
- Origanum vulgare (Ourego)
- Ribes rubrum (Groselleiro vermello)
- Ribes nigrum (Groselleiro negro, Casis)
- Mentha spicata (Herbaboa)
- Mentha X piperita (Herbaboa)
- Ocimum basilicum (Albahaca)
- Cytissus scoparius (Xesta)
Herbáceas e hortícolas
- Primula vulgaris
- Tagete patula
- Calendula officinalis
- Curcubita (Cabaza)
- Phaseolus vulgaris (Xudía)
- Capsicum sp. Pemento redondo
Pemento Padrón
Pemento sigaretta di Bergamo
- Beta vulgaris (Remolacha)
- Apium graveolens (Apio)
- Solanum sp (Tomate cherry)
- Citrullus lanatus (Sandía)
- Petroselinum crispum (Perexil)
- Fragaria vesca (Amorodo)
Sementes
- Sinapis alba (Mostaza)
- Mirabilis jalapa (Don Diego de noite)
- Papaver rhoeas (Papoula)
- Malva
Máis fotos da plantación da illa
Os glóbulos brancos do Pinus radiata
Unha das prioridades do bosque comestible é poder aproveitar todos os recursos posibles que o ecosistema poida proporcionar, sempre buscando manter unha grande biodiversidade. Nós imos realizar un aproveitamento resineiro dos exemplares de Pinus radiata.
A resina ou miera é unha secreción que producen certas especies do xénero Pinus cando son excitados por medios físicos e/ou químicos mediante incisións na cortiza ou mediante o tratamento do cambium con ácidos.
A función biolóxica da resina é de reserva e de cicatrización. Normalmente permanece sometida a altas presións no interior das canles resiníferas. A ruptura destas provoca que flúa ao exterior.
Para realizar a extracción da resina imos contar coa colaboración de Edgar Fernández Blanco e os métodos que experimentamos foron: o de pica de codia con estimulación química, o de pica circular mecanizada, o de pica raión mecanizada con motoserra de batería e o sistema Borehole e puxémonos mans á obra:
- Primeiro fixemos acopio de todo o material necesario: aixolas, trazador, media lúa, o mazo de madeira, grampas, escoda, potes, botes, a pasta...
- A continuación e dependendo do sistema elexido realizamos as picas.
- Co obxectivo de evitar a cicatrización rápida da ferida, botamos o estimulante químico,
- Logo colocamos o recipiente que recollerá a resina.
Nas sucesivas semanas fomos baixando a realizar o resto de picas.
Na figura do lado móstrase o sistema de pica de codia con estimulación química que é o sistema máis tradicional
Plantación de liño
O liño, Linum usitatissimum, é unha planta herbácea que chega a alcanzar un metro de altura e pertence á familia das lináceas.
Non se coñece a data nin o lugar exacto onde comezou por primeira vez a súa utilización, pero si temos referencias como que dende 2.500 anos a.C. o liño era cultivado en Exipto.
En Galicia, xunto co algodón, foi unha das fibras tradicionalmente cultivada para a fabricación de prendas téxtiles ata non fai moitos anos.
Co paso dos anos, a semente do liño, a liñaza, foi collendo importancia tanto a usos medicinais como gastronómicos, e é por iso que nos decantamos polo liño como unha das plantas a cultivar no noso Bosque Comestible.
Un dos usos medicinais máis tradicionais era o uso da liñaza como laxante lixeiro, dado ao seu contido en ácido linoleico.
O liño é sementado no mes de abril para ser arrigado no mes de xullo. Unha vez fora da terra, teremos que pasalo polo ripo para sacarlle a bagaña, unha cápsula que posta ao sol baleirará as sementes que contén dentro dela.
El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Unha vez que o liño está limpo de bagaña levarase a “afogar” para comezar así o proceso do liño para aproveitamento da fibra.
Todos estas labores, eran antigamente acompañados de música para facer os traballos máis amenos.
O liño queda na poza
e a bagaña no palleiro,
agora miña meniña
tocaremo-lo pandeiro.
Habitantes “invisibles” no bosque comestible
No noso bosque comestible habita e alimentase unha gran diversidade de fauna, dende pequenos insectos ata mamíferos tan fermosos como o raposo. Podemos observar bolboretas, escaravellos, paxaros insectívoros coma paporrubio, ferrreiriño e ferreiriño real entre outros. En cambio hai outros habitantes cos que non e fácil coincidir, estes son o corzo, o xabaril, o teixugo e o raposo, isto debese a que son moi esquivos e presentan un comportamento nocturno en zonas humanizadas.
Por sorte sabemos que están alí polos rastros que deixan, tanto pegadas coma excrementos. O rastrexo é unha ferramenta excelente que pode aportarnos moita información. Unha vez que distinguimos as pegadas e sabemos interpretalas a percepción do campo cambia notablemente.
No CIFP A GRANXA tivemos a sorte de impartir un obradoiro de pegadas, neste dedicámonos a mostrar a utilidade do rastrexo, as zonas onde é máis axeitado atopalas (zonas embarradas) e a forma das pegadas dos animais así coma as diferenzas entre elas, de forma e tamaño. Desta forma o alumnado xa pode saber por si só que animais habitan e por que zonas se moven nos bosques
A continuación deixamos unha lámina con pegadas e medidas para que sirva de axuda na identificación.
Obradoiro de construcción de comedeiros de paxaros e colocación no centro
A CONSTRUCCIÓN DE COMEDEIROS para PAXAROS, ten coma obxectivo atraer fauna útil cara o noso espazo para poder controlar certas pragas.
Con esta construcción contribuímos a que moitas non morran co frio invernal e así as protexemos nos meses de mais escaseza de alimentos.
Realizamos un obradoiro de educación ambiental sobre construcción de comedeiros, onde se expilcou os beneficios de conservación das aves. Ademáis na súa realización empregamos materiais reciclables, dándolles unha segunda vida.
Comedeiro para paxaros empregando unha bobina de fío.
Tamén se empregaron outro tipo de envases coma bricks de leite, botellas de auga...
Construcción e colocación de caixas niño no bosque
As caixas niño son unha alternativa interesante para proporcionar acubillo ou lugares para criar ás aves, como o ferreiriño real (parus major), ferreiriño común (cyanistes caeruleus)... e así incrementar a súa poboación.
Son unha medida interesante para o control natural de plagas xa que se alimentan de moitas especies prexudiciais para os cultivos, como a oruga do buxo (cydalima perspectalis) ou a oruga da col (pieris brassicae).
No centro fixemos un par de obradoiros de caixas niño de paxaros para outros ciclos, con madeira de palé reciclada. Nel explicamos a importancia da reciclaxe na construcción das caixas e da colocación delas nos bosque para atraer fauna útil ao noso espazo.
Instalación de caixa niño mediante técnicas de gabeo a árbore con cordas, neste caso, colocouse unha cámara de trampeo para ver se aniñaba algún paxaro.
Obradoiros de educación ambiental no centro para:
- aumentar a biodiversidade no bosque
- despertar a curiosidade polos animais e
- concienciar sobre importancia da reciclaxe.
El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Obradoiros de caixas niño para paxaros
O obradoiro de caixas niño foi todo un éxito, xa que houbo máis cursos do centro que estaban interesados en facelo. Primamos en empregar madeiras sobrantes na construcción da caixa e impregnala con aceite de liñaza para que perdurara máis no tempo e non perxudiquen ás especies que alí aniñen.
El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Obradoiros de comedeiros para paxaros
Na realización dos comedeiros de paxaros o alumnado tiña dous obxectivos principais: empregar material de refugallo para a súa realización e concienciar da importancia dos comedeiros para incrementar a poboación de aves.
Ámbolos dous foron cumpridos, pois o alumnado do obradoiro animouse non só en realizar os comedeiros para o noso bosque, senon que tamén para levalo á práctica nas súas casas.
El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Obradoiros de pegadas de animais
O rastrexo de animais pódenos dar pistas das especies que alí habitan, pero é unha tarefa que require moita observación. Neste obradoiro podemos descubrir especies comúns nos nosos bosques e como identificalas, para elo nada mellor que reproducilas en escaiola e así fixarnos nos detalles máis significativos de cada pegada.
Colleita
A colleita
Un dos problemas que supón estar nun proxecto onde traballos con seres vivos e que temos que coidalos durante todo o ano e como sabemos nos centros de ensino é un pouco complicado resolver esta parte, polo que temos que botar man das nosas horas de lecer e ir colleitar os froitos que nós ofrece o noso bosque.
O tempo axuda
En agosto recollimos a nosa primeira producción, a sorpresa foi que tiñamos a illa completamente verde e chea de hortalizas, plantas aromáticas e flores. Tamén é certo que foi un verán chuvioso e iso axudou bastante, pero foi unha immensa ledicia ver que sin apenas tocar a illa no verán tiveramos tal producción.
Os productos da horta
As froiteiras ao ser o primeiro ano non fructificaron, pero se mantiveron.
Os arbustos o único fallo foi do arándano vermello americano, os demáis arbustos permaneceron pero só dou algún froito o groselleiro uva espina (sorba).
Das hortalizas fallounos a sandía e o tomate, pero tivemos xudias, cabazas, pementos das tres variedades, berenxenas redondas, apio, perexil, remolacha no outono.
As aromáticas
As aromáticas enraizaron con facilidade e extenderonse por toda a illa con gran facilidade, incluso no outono permanecen agás a albahaca que é anual.
Secado aromáticas
O proceso do secado das aromáticas o imos realizar no horreo do centro, a idea é facer hidrolatos co destilador que mercamos e logo empregalo para realizar xabóns, pero para eso aínda temos que darlle un pouco máis de tempo....
E o outono chegou...
Co inicio do curso e das primeira neboadas empezamos a dárlle un novo xeito a nosa illa analizando as especies que mellor se adaptaron e as que peor e así ir aprendendo un pouco máis para realizar unha plantación o máis axeitada á nosa zona.
As Remolachas foron un regalo tinguido de violeta que nós chegou no outono...e boa conta dimos dela
Así de triste quedou o bosque, esperando a nova plantación para sustituir aquelas marras que non chegaron a ir adiante.
En xaneiro fixemos reposición de marras de arbustos e algunha árbore froiteira, debido a que as xeadas nós estragou algunha planta e as ovellas diron contan tamén dalguhas outras ao entrar no bosque comestible.
Visita á CMVMC de Castro Baroña
A resina
O máximo productor de resina neste momento é a Comunidade de montes de Castro de Baroña, cunha producción de Kg neste ano.
Ademáis son innovadores, pois están experimentando diferentes métodos para mellorar a calidade na extracción da resina empregando unha técnica ( extracción con pica circular) que facilite as tarefas dos seus traballadores.
O silvopastoreo
As especies gandeiras forman parte da paisaxe nos montes da Comunidade de Baroña, razas gandeiras coma o cabalo de pura raza galega, as cabras e o gando bovino autóctono como a cachena fan que o pastoreo sexa compatible co aproveitamento doutros recursos coma o aproveitamento de cogomelos.
Os cogomelos
Outro dos recursos que se aproveita nesta zona son os cogomelos, grazas a normativa que permite acoutar os terreos para ese aproveitamento.
Os comuneiros ou a poboación en xeral solicitando á comunidade o carné de recolector (previo pago dunha cota), pode gozar de ata 2 Kg deste delicioso manxar. As especies que podemos atopar son Lactarius deliciosus, Agaricus arvensis, Macrolepiota procera, Xerocomus badius... entre outras.
Foto de grupo nos montes da Comunidade. Estamos moi agradecidos polo amables que foron explicandonos pola atención quei....é fácil realizar un traballo cando se cree realmente nel.
Investigando sobre a extracción de esencias das plantas medicinais
Realización de carteis
O espazo aéreo foi outra das áreas de estudo
Prantas aromáticas e mediciñais que todos coñecemos
bosques comestibles
Cogomelos do bosque comestible
Froiteiras prantadas no bosque
Arbustos do bosque
Realización de tripticos
Saber un pouco máis do noso centro
O CIPF A Granxa é un instituto de ensinanza secundaria onde se poden cursar ciclos das seguintes familias profesionais:
- Familia agraria
- Familia industrias alimentarias
- Familia seguridade e medio ambiente
Para máis información podes visitar o noso web no seguinte enlace: