O NOSO ESPAZO PARA DAR VIDA AO BOSQUE COMESTIBLE

A nosa proposta céntrase na creación dun bosque comestible, entendido como un Sistema agroforestal (SAF) biodiverso  integrado na paisaxe da nosa finca de prácticas, no que se realizará un aproveitamento multifuncional cultivando diferentes especies en estratos, con finalidades produtivas e protectoras.

No seu deseño  integraremos os princípios da foresteria análoga para crear un espazo ecolóxicamente mais resiliente e con maior capacidade adaptativa fronte ao cambio climático e sócio-económicamente produtivo.

Queremos un monte diverso,  que preste múltiples servizos ecosistémicos e que forneza alimentos e outros produtos á comunidade, lonxe da simplificación dos monocultivos forestais .

IES CIDADE DE ANTIOQUÍA
XINZO DE LIMIA, OURENSE

Entidade colaboradora: ADEGA

COMPROMETID@S coa Axenda 2030
Este proxecto pretende contribuir a consecución  dos ODS desde o noso ámbito de acción como Centro educativo.  Metas de Desenvolvemento sostible coas que se aliña:
 - Aumentar  as competencias técnicas e profesionais, para acceder ao emprego e ao emprendemento 
-  Xestión sostible e uso eficiente dos recursos naturais 
- Fortalecer a resiliencia e a capacidade de adaptación dos ecosistemas aos riscos relacionados co clima.
-  Millorar a educación e a sensibilización respecto da mitigación do cambio climático, a adaptación e a reducción dos seus efectos.
- Adoptar medidas para reducir a degradación dos hábitats naturais e deter a perda da diversidade biolóxica 
 - Mellorar a capacidade dos ecosistemas para proporcionar beneficios esenciais para o desenvolvemento sostible. 

ALUMNADO PARTICIPANTE CURSO 2020/21
1º e 2º Ciclo Sup. Xestión Forestal e do medio natural

1º e 2º Ciclo Medio Aproveitamento e conservación do medio natural

1º Ciclo Medio Produción Agropecuaria_DUAL

PROFESORADO PARTICIPANTE
DTO. AGRARIA:
Iago Vales, Vero lópez, Patricia Morais, Ramón Iglesias, Milagros López, Iago Rosón, Goretti Santos, Teresa Cela, Cris Alonso e Carme Míguez.

Indagamos sobre a situación inicial do doso predio

O solo

Un dos obxectivos específicos do proxecto é millorar a fertilidade do solo, considerando a importância de todo o que non é visible a simple vista pero que resulta imprescindible para o mantemento da sostenibilidade de calquera ecosistema. Referĺmonos a acción dos microorganismos da terra, aportan múltiples beneficios tanto para as especies vexetais que nel medran como para a millora das próprias características do solo.

Recollemos mostras  para analizar e determinar factores limitantes para o cultivo, Fixemos un corte do terreo para coñecer o perfil e identificar os diferentes  horizontes  e mandamos as mostras a analizar ao Centro agrogandeirode Xinzo de Limia para  tirar conclusións do seu estado inicial e ter rexistrados datos para comparar con analíticas posteriores a intervención.

CONCLUSIÓNS

Os cambios segundo as analíticas do solo realizadas en Decembro de 2020 antes de intervir no espazo  e en Febreiro de 2022 con posterioridade a creación do bosque comestible (aporte de compost, biofertilizantes, incremento da biodiversidade de especies e cobertura do solo con biotriturados) , foron os seguintes:


MACRONUTRINTES

- Fósforo (Olsen); pasou de 38 a 56 mg/Kg. Aumentou 18 mg/Kg (47%).

- Potasio asimilable; de 100 a 134 mg/Kg. Aumentou 34 mg/Kg (34%).

- Calcio asimilable; pasou de 248 a 702 mg/Kg. Dobrou o contido (máis do100%).

- Magnesio asimilable; pasou de 27 a 66 mg/Kg. Dobrou  o contido.

- Sodio asimilable; pasou de 66 a 241 mg/Kg. Aumentou en 175 (mg/Kg)



 OUTROS PARÁMETROS DA FERTILIDADE 

- O pH incrementouse de 5.2-5.3 a 5.6, isto implica unha maior disponibilidade dos macronutrientes. 

- A capacidade de intercambio catiónico incrementouse o que dá conta da mellora en canto á fertilidade potencial do solo. Pasou de 2 a 5.4 meq/100g n

- Relación Ca/Mg pasou de 5.67 a 6.42 


En xeral podemos considerar a evolución dos parámetros fisicoquímicos do solo na parcela do bosque comestíble como boa, se ben, un ano, non é tempo abondo para afirmalo con total certeza. 

Mellorou a % de materia orgánica, a cantidade de nutrientes e a CIC e o valor do pH, co conseguinte aumento na disponibilidade de nutrientes para as plantas no interior das illas. 

 O espazo

Para a elaboración do Plano da nosa parcela, tomamos datos de campo utilizando o método
de Radiación co emprego de Estación Total Leica 307. A orientación ao Norte magnético realizouse mediante brúxula.

Posteriormente introducimos as distancias e os rumbos de cada punto radiado en QCad para
finalmente dibuxar o plano.

Superficie da parcela: 2.200 m2

 O Clima

 A Comarca da Limia presenta un clima con influencias mediterránea e oceánica, con tendencia a continentalización, que se manisfesta nunha elevada amplitude térmica, froito das baixas temperaturas invernais, 
Os meses máis cálidos son Xullo e Agosto con temperaturas medias que rondan os 20º C.
As precipitacións están presentes durante todo o ano sendo máis abundantes nos meses de Xaneiro e Decembro e  escasas nos meses de Xullo e Agosto. Existe risco de anegamento nos meses de Febreiro e Marzo se coincide un ano de elevadas precipitacións.
Existe risco de xeadas tardias na primavera até mediados de Abril, este feito condicionará o retraso das plantacións previstas.

Os ventos S, SE e SO son os máis frecuentes e intensos.

Vexetación existente

Cos datos de campo, elaboramos un listado numerado de especies arboreas existentes para a súa identificación e localización no plano da parcela.
Algunhas delas, formarán parte do estrato arboreo das illas gremio do Bosque comestibles.
Densidade inicial estrato arboreo: 181 pés/Ha.
Características da masa arbórea:
masa mixta irregular, aclarada e pouco densa.

  • Pinus pinaster, piñeiro bravo (2)
  • Acer psudoplatanus, pradairo (4)
  • Malus domestica, mazaira (1)
  • Quercus suber, sobreira (6)
  • Prunus avium, cerdeira (2)



  • Pinus sylvestris, piñeiro bermello (2) 
  • Acer campestre, pradairo de sebe  (1) 
  • Picea abies, falso abeto (1)
  • Quercus rubra, carballo americano (4)
  • Fraxinus excelsior, freixo (5)
  • Sorbus aucuparia, capudre (1) 
  • Pinus radiata, piñeiro insigne (2)
  • Juglans regia, concheira (1)
  • Fraxinus angustifolia, freixa (1)
  • Castanea sativa, catiñeiro (3)
  • Quercus robur, carballo (2)
  • Betula celtiberica, bidueiro (2)
  • Ilex aquifolium, Acivro (1)

 O estrato arbustivo é inexistente, no relativo a herbaceas están presentes diversas gramíneas, chantaxe, falso dente de león, chuchameles, cicuta, cardos,,.... 

Biotriturados e compostaxe

Pretendemos pechar o ciclo de refugallos orgánicos xenerados nas parcelas do Centro a través do seu aproveitamento como biotriturados e compost 

Biotriturados

Con restos de poda de pequenos diámetros e folla de frondosas elaboramos material chipeado para empregar como coberteira protectora do solo. 

Compostaxe 

O proceso comezou coa poda de árbores e arbustos do centro, sega de céspede e recollida de follas caídas no outono, traslado a zona de acopio, valeirado diferenciado dos restos que non é necesario triturar, posteriormente os restos de poda de mais de 3cm de diámetro, triturámolos coa desbrozadora de cadeas co fin de facilitar a súa descomposición. Finalmente coa pá do tractor formamos 2 pilas mesturando os restos húmidos con materiais secos. Para facilitar a circulación de ar e auga volteouse cada pila de material varias veces, como a chuvia non deu tregua, cubriuse cun plástico para evitar o exceso de humidade. O noso compost madurou durante varios meses, utilizámolo como substrato na implantación das illas do bosque comestible no mes de  abril 

Bioestimulantes a partir de extractos fermentados de plantas

Os Bioestimulantes son fertilizantes e fortificantes líquidos obtidos a partir da fermentación natural en auga das partes verdes de plantas. Empréganse para nutrir e estimular o crecemento vexetal, tanto aplicados no solo como nas follas das plantas. Cumpren ademais unha función preventiva ante a aparición de enfermidades criptogámicas e repelen algunhas pragas das plantas. 

Xurro de Estrugas "Urtica dioica"

Aacopiamos estrugas, pesaronse e trocearonse os talos e follas e logo introducíronse xunto con auga en proporción 1:10  nun bidón plástico no que se producirá unha fermentación.
Deixámolo repousar á sombra a temperatura ambiente cuberto cunha tea e remexémolo diariamente para asegurar unha fermentación aerobia. 

Observamos até que deixou de formar burbullas, aproximadamente aos 14 días, momento no que o xurro esta listo para usar ou almacenar.
Finalmente filtramos a mestura, retírando manualmente os restos mais grosos (poden mesturarse na pila de compostaxe) e logo pasamos o líquido por un coador  para envasar en garrafas 

Aplicación de xurro de estrugas como biofertilizante diluido na auga de rega da horta escolar, pode empregarse como biofortificante aplicado mediante pulverización foliar.
O xurro sobrante almacenámolo filtrado en garrafas para usos posteriores, en condicións de obscuridade e temperatura fresca pode almacenarse de 6 a 9 meses.

Propagación de especies para o Bosque comestible

Sementamos unha grande variedade de espécies forestais silvestres, empregando semente recollida por nós, as plantas obtidas incorporámola como espécies funcionais e de conservación na nosa parcela e para incrementar a diversidade de espécies existentes.
Algunhas das sementes dos alcouves de Outono: carballo, aciñeiras, sobreira, avelaira, nogueira, castiñeiro, érvedo, loureiro, cornicabra, cerdeira, pradairo, estripeiro, teixo 

Mediante esgallos leñosos e semileñosos propagamos diversas espécies arbustivas: groselleiro, sabugueiro, romeu e unha colección de variedades de Salgueiro 

O rigor do clima na nosa Comarca obríganos a retrasar e escalonar a realización de alcouves de horta, simultaneamos co proceso de planificación da asociación e rotación de especies para o noso cultivo en caixoneiras. Comezamos con algunhas especies clásicas que seguro estarán presentes: cebolas,porros, leitugas,.. 

Iniciamos tamén os alcouves de especies funcionais acompañantes, de momento xarxa e tagetes.  Seguimos a estudar que espécies imos incorporar na horta e no bosque. Nos vindeiros meses continuaremos sementando e coidando o plantel.

OPERACIÓNS SILVÍCOLAS

Podas de mantemento, desbroces e abatemento de pés secos, foron algunhas das operacións silvícolas realizadas previamente a implantación do Bosque comestible.

O alumnado do módulo de repoboacións e tratamentos silvícolas comenzaron a facer podas de mantemento e saneamento das árbores existentes no prédio, estas árbores formarán parte xunto con outras do dosel alto do bosque comestible (estrato superior)

Abateuse e torouse un Pinus radiata seco, a súa morte debeuse a reiterada e elevadísima infestacion de procesionaria nos últimos anos. As toradas aproveitaranse para facer borduras nas illas implantadas, axudando así a delimitar os  espazos.

Control de pragas

A especie Thaumetopoea pityocampa coñécese como Procesionaria do piñeiro, o seu nome fai referencia as fileiras ou procesións cando se despraza en grupo para enterrarse no solo. É un insecto defoliador que se alimenta das agullas dos piñeiros podendo provocar unha afección grave se as poboacións son moi elevadas, os ataques intensos e reiterados ou en árbores debilitadas. Para reducir a excesiva presión que exerce esta praga nos piñeiros da nosa parcela, iniciamos varios métodos de control, en xaneiro retiráronse da copa das árbores un elevado número de niños de inverno "bolsóns" , posteriormente construíronse e colocáronse trampas de colar e trampas con feromonas (para control dos adultos).

SEBES VIVAS

Os ventos do S, SE e SO son os máis frecuentes e intensos na nosa zona, para protexer a parcela do bosque comestible decidimos plantar unha sebe que a delimite lateralmente, protexa e proporcione un millor microclima para a medra das diferentes especies a implantar e sirva de refuxio e alimento para a fauna silvestre. 

Usamos diferentes especies, tomando como referencia as especies das beiradas dos campos de cultivo na Comarca da Limia, empregamos planta producida no Viveiro (Salix sp., Corylus avellana), esgallado leñoso directo no terreo (Sambucus nigra e Salix sp) e transplante de diferentes arbustos existentes contorna do centro (Quercus pyrenaica, Quercus robur, Frangula alnus).

Propagación e aproveitamento dos vimbios

O aproveitamento tradicional dos vimbios na Comarca da Limia é a elaboración de "Canistrelos" (cesto de uso agrícola  na apaña das patacas) e outros cestos de uso doméstico. 

En Galiza existen diferentes especies fornecedoras de fibras vexetais cesteables (bidueiros, avelairas, castiñeiro, cerdeira, freixo, carballo, sangriño, xestas, piornos, codesos, silveira, centeo, xuncos,..) manipuladas cunha grande variedade de técnicas segundo as fibras empregadas (madeira fendida, varas, palla, xuncos,..). A variedade de pezas segundo as especies, tipo de fibras e técnicas, poñen de manifesto a riqueza e diversidade da cestería tradicional galega .
Alén do aproveitamento na cesteria tradicional de varas, na actualidade,  diferentes especies de Salgueiro incorpóranse con outros usos na cestería contemporánea, sendo as esculturas vexetais e os peches vivos unha das súas utilidades.

Aproveitamos varas da poda da colección de variedades de Salgueiro para elaborar dúas árbores tecidas para a zona de entrada ao bosque comestible e para representar unha illa en miniatura nunha xardineira e empalizadas de protección para as matas de arandos silvestres. 

Horta escolar agroecolóxica no Bosque

A horta escolar agroecolóxica , é un espazo de sensibilización ambiental e de acción colectiva na produción de alimentos saudables e respetuosos co medio ambiente. Incorpora os principios da agroecoloxía, conscientes da necesidade de reconducir o manexo dos recursos naturais e os agroecosistemas para facer fronte as consecuencias negativas do Sistema agroalimentario actual.
Colaboramos co Proxecto Voz Natura do Centro: Horta escolar. Coordinado por Susana Moure do Departamento de Xeografia e Historia

RESTAURACIÓN DE VELLAS CAIXONEIRAS PARA A HORTA

Aproveitamos vellas estruturas de madeira existentes doutros proxectos anteriores  para construír caixoneiras para a horta escolar a integrar no espazo de bosque comestible, 

Tarefas de cepillado e lixado das táboas, reforzo da estrutura con escuadras e parafusos e aplicación de aceite de liñaza como protector da madeira. 

 As caixoneiras quedaron listas para a horta escolar despois de trasladalas a súa ubicación definitiva e enchelas con compost. 

ALCOUVES DE HORTA E PLANTAS FUNCIONAIS 

Iniciamos con 3 grupos de 2º da ESO unha serie de Obradoiros de apoio á Horta escolar 

Familiarizámonos cos sustratos que se empregan para realizar alcouves, coñecemos diversos materiais: turbas, mantillo, fibra de coco, humus, vermiculita, compost. Analizamos a importancia da mestura de varios materiais en proporcións adecuadas para ofrecer ás sementes unhas boas condicións de xerminación. 

Sementamos varias especies hortícolas para posteriormente transplantalas e cultivalas na horta: Acelgas cabazas, borraxe, tomates, espinafres, pementos, cebolas, repolos. 

Mediante división de mata conseguimos moitas plantas de Tanacetum sp. e houbo acopio de material silvestre: careixóns, arandos, estripeiros e avelairas.

Realizamos alcouves de Alfabaca, Consolda, Ourego, Xarxa, Caléndula e Poexo como especies funcionais acompañantes.

AS PLANTAS FUNCIONAIS XOGAN UN ROL IMPORTANTE COMO ABONADORAS, REPELENTES DE PRAGAS, ATRAINTES DE INSECTOS BENEFICIOSOS ALÉN DO SEU
POSIBLE APROVEITAMENTO COMO COMESTIBLES, CONDIMENTARIAS OU MEDICINAIS

IMPLANTACIÓN E MANTEMENTO DA HORTA ESCOLAR

Planificamos a rotación de cultivos no tempo e asociación de especies en policultivo para cada subespazo
Por tratarse do primeiro ano de horta escolar, tiveronse en conta, entre outros, os seguintes criterios na escolla de especies: Asociacións de cultivo frecuentes no noso territorio, hortalizas coñecidas para os alumnos, cultivos sinxelos para horta de primavera-verán, cultivables en caixoneira e que permitan a rega con regadeira ou rega por goteo, con posibilidade de sementeira e plantación escalonada, con diferentes partes aproveitables (follas, talo, raíces e froitos) e importancia da relación entre especies polo seu rol na prevención e control biolóxico de plagas,..

Deseñamos unha rotación cuatrianual, para definir a rotación e as posibles asociacións de especies, tivemos en conta entre outros, a familia botánica a que pertencen, o seu ciclo de vida, a profundidade das súas raices e a parte aproveitada da planta.
Caixoneira 1: Amorodos, cebolas, cenouras, rabanitos.
Caixoneira 2:
Borraxe, acelgas, leitugas, espinafres, xarxa e Consolda e caléndula.

Caixoneira 3: Millo, xudias de enrame, cabazas
Caixoneira 4:
Tomates, pementos, leituga, tagetes, alfabaca e capuchina. 


Replanteo da horta, tendo en conta as densidades de cultivo recomendadas pola bibliografia consultada e o deseño inicial da rotación e asociacións favorables de especies, realizouse o replanteo en cada caixoneira usando corda de marqueo e flexómetro.

Na implantación da nosa  primeira horta de primavera-verán, sementamos ou plantamos: amorodos, cebolas, repolo, cenouras, rabanitos, leitugas, acelgas, espinafres, borraxe, xarxa, tomates, pementos, tagetes, capuchina, caléndula, alfabaca, consolda, chícharos, xudias, millo e cabazas.

Primeira rega con regadeira post-plantación e colocación de xestas como medio de proteción das pequenas plantas fronte ao vento do Sur-Este predominante na primavera.

Durante o cultivo realízanse
diferentes operacións de
mantemento: escardas, pinzados, entitorados, regas, aplicación de bioestimulantes .
Levouse a cabo un seguimento dos cultivos por observación e
rexistro das incidencias para resolvelas segundo foron xurdindo. 

Colleitamos diferentes
hortalizas secuencialmente ao ir completando cada especie o seu ciclo de cultivo, nalgúns casos a colleita foi pequena debido ao desatendemento da horta en época de vacacións estivais.

REFUXIOS FAUNA SILVESTRE

As caixas niño para aves insectivoras son cavidades artificiais para que os paxaros aniñen no seu interior. Construimos en madeira 5 caixas niño para colocar nas árbores do bosque comestible no intento de  favorecer a presenza de aves insectivoras que contribuan ao control de procesionaria a vez que incrementamos biodiversidade e millora de hábitats para o seu alimento e refuxio. En xaneiro de 2022 revisaronse e limparonse as caixas niño, 3 das 5 caixas instaladas foron ocupadas por Carboneiro común e Carriza .

OS HOTEIS DE INSECTOS COMPENSAN A CARENCIA DE OCOS DE ACOBILLO , PARTICULARMENTE PARA ABELLAS E AVESPAS SOLITARIAS, A FAUNA AUXILIAR EXERCE UN CONTROL BIOLÓXICO SOBRE PRAGAS E FACILITA A POLINIZACIÓN DE MOITAS ESPECIES VEXETAIS Construimos este hotel de moitas estrelas para aumentar a oferta de aloxamento para insectos.

REFUXIOS MORCEGOS

Os morcegos son un grupo amplo de mamíferos, contribuindo notablemente á biodiversidade, na Limia habitan mais de 10 especies, entre elas, Morcego común Pipistrellus pipistrellus, Morcego orelludo gris
Plecotus austriacus, Morcego de ferradura grande Rhinolophus ferrumequinum, Morcego do río Myotis daubentonii e Morcego das fragas Barbastella barbastellus.

Sabias que???
Os morcegos emiten ultrasóns que rebotan nos obxectos.
Escoitando este eco poden voar  e cazar na obscuridade. Este sistema que lle permite orientarse e localizar as súas presas sen presenza de luz, chámase
ecolocación

Os morcegos xogan un papel importante no equilibrio dos ecosistemas, controlando poboacións de insectos, polinizando plantas e dispersando sementes.

As principais ameazas para os morcegos limiás son; a falta de insectos polo emprego masivo de fitosanitarios na agricultura(especialmente os insecticidas), as molestias e expulsión dos seus refuxios, os cambios  nos hábitats onde atopan alimento, (fragmentación, degradación ou cambios de uso)

Construímos 3 refuxios de madeira  seguindo as indicacións do Proxecto Hippos para este tipo de caixas-refuxio pensadas para especies fisurícolas e arborícolas para favorecer a presencia de morcegos no bosque comestible.
Se queres saber mais sobre os morcegos galegos, visita: http://www.morcegosdegalicia.org/

DESEÑO E IMPLANTACIÓN DE BOSQUE COMESTIBLE MEDIANTE ILLAS GREMIO DE VEXETACIÓN 

Aumento da biodiversidade para incrementar a resiliencia dos sistemas agroforestais.

Novos enfoques e propostas creativas para adaptación das masas forestais ao cambio climático.

Aprendizaxes activos para a transformación social e coidado ambiental millorando a nosa contorna.

O DESEÑO DAS ILLAS

Organizamos un Obradoiro sobre o deseño de Bosques comestibles con Henar Diéguez Rapa, explicounos que é un Bosque comestible e cales son os principios e criterios a ter en conta no deseño deste tipo de espazos agroforestais en función dos obxectivos perseguidos, as vantaxes que aporta para diversificar producións e a súa contribución para incrementar a resiliencia fronte ao cambio climático vencellada á millora da microbiota do solo e ao manexo da biodiversidade. 

Tomando como referencia un modelo de deseño de 1 illa-gremio inicial, en pequenos grupos, deseñáronse outras 5 illas-gremio

Para a planificación e deseño do Bosque comestible seguimos os principios da Forestería análoga

Plano de distribución das Illas  do Bosque comestible

ÍMPLANTACIÓN DO BOSQUE COMESTIBLE

Durante unha xornada de traballo conxunto de varios grupos e varios profesores, iniciamos os traballos de implantación de bosque comestible mediante illas_gremio, Delimitamos cada illa con troncos, enchemos cada unha delas co compost elaborado nos meses anteriores, replanteamos a distribución de especies segundo o deseño previo, plantámolas na súa ubicación definitiva aportando humus de lombriz en cada furado de plantación, entitoramos as especies arbóreas de maior tamaño, demos unha rega de asento e aportamos biotriturados como acolchado de coberteira en todas as illas.

"Illa Xesteira" 23,82 M2
Estrato arbóreo:

  • Quercus suber, Sobreira (1 preexistente)
  • Eriobotrya japónica, Níspero (1)
  • Tilia cordata, Tileira (1)
  • Alnus glutinosa, Amieiro (1)

Estrato arbustivo:

  • Cytisus scoparius, Xesta (1)
  • Rosmarinus officinalis, Romeu (1)
  • Sambucus nigra, Sabugueiro (2)
  • Arbutus unedo, Érvedo (1)
  • Lavandula dentata, Lavanda (2)
  • Oryganum vulgare, Ourego (1)
  • Cytisus lena (2)

Estrato gabeador:

  • Pisum sativum, Chícharos (6)

Estrato herbáceo:

  • Lactuca sativa, Leituga (12)
  • Brassica oleracea vd. viridis, Berza (6)
  • Tagete sp (6)
  • Tanacetum vulgare, Tanaceto (2)
  • Borago officinalis, Borraxe (7)
  • Beta bulgaris, Acelga (10)

Estrato solo:

  • Beta vulgaris sculenta, Beterraba (10)

En cada Illa-gremio combínanse distintas especies con interacións beneficiosas entre elas para crear un mini-ecosistema equilibrado.

Os principais ámbitos de interación son:
- Especies acumuladoras de minerais e nutrintes, como as leguminosas que son fixadoras de Nitróxeno

- Especies supresoras ou de ampla coberteira, que inhiben a medra de plantas inoportunas que poderían competir coas especies implantadas, exemplo serian os amorodos ou os grelos.

-Especies atraintes de insectos beneficiosos que favorezan a polonización e o control biolóxico de pragas, como a Caléndula

- Especies que producen alimentos, hortícolas: cebolas, allos, beterraba, berza, espinafres, acelgas, cabazas, arbustos que dan froito e áebores froiteiras.

Escollendo planta no viveiro do centro. . 

Acopio de planta e ferramentas

El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.

Mostrar contenido

E naquel 4 de abril de 2021 de ceo despexado, apesar do vento intenso comezamos con ánimo o traballo comunitario para establecer o noso Bosque comestible.

Plantación de especies no seu lugar

Rega de asento unha vez implantadas as especies
"Illa Agarimosa" 28,40 M2
Estrato arbóreo:

  • Castanea sativa, Castiñeiro (1 preexistente)
  • Pyrus communis, Pereira (1)
  • Sorbus aucuparia. Capudre (1 preexistente)
  • Corylus avellana. Abelaira (1)
  • Pinus pinea. Piñeiro manso (1)

Estrato arbustivo:

  • Sambucus nigra, Sabugueiro (2)
  • Ribes rubrum. Groselleiro (1)

Estrato gabeador:

  • Faba canela (7)

Estrato herbáceo:

  • Fragaria ananassa. Amorodos (10)

 "Illa Greleira" 19,70 M2
Estrato arbóreo:

  • Quercus suber, Sobreira (3 preexistente)

Estrato arbustivo:

  • Sambucus nigra, Sabugueiro (1)
  • Tymus vulgaris, Tormentelo (1)
  • Ribes rubrum. Groselleiro (4)

Estrato gabeador:

  • Rubus sp. Mora híbrida (1)

Estrato herbáceo:

  • Calendula officinalis. Caléndula(2)
  • Symphytum officinale, Consolda(1)
  • Apium graveolens. Apio (1)
  • Brassica rapa * (sementeira)
  • Fragaraia vesca. Careixóns *
  • Fragaria ananassa. Amorodos*

(Careixóns e amorodos empregados como especie de coberteira, reprodúcense por estolóns, estendéndose rapidamente por amplas superficies)
Estrato solo:

  • Allium cepa. Cebolas (15) 
  • Allium sativum. Allos (20)

Replanteo de especies en cada illa seguindo o bosquexo inicial.
Durante a plantación revisamos os deseños para ir colocando cada planta no lugar previsto.

As illas foron sobreelevadas aportando compost elaborado no IES a partir dos restos de poda, follas e herba segada.

"Illa cesteiro" 14,90 M2
Estrato arbóreo:

  • Acer sp. Arce (1 preexistente)
  • Quercus rubra. Carballo americano (1 preexistente)
  • Picea abies. Falso abeto (1 )
  • Pyrus pyrifolia. Nashi (1)

Estrato arbustivo:

  • Rosmarinus officinalis "Prostratus", Romeu rastreiro (3)
  • Sambucus nigra, Sabugueiro (2)
  • Tymus vulgaris. Tormentelo (5)
  • Ribes rubrum. Groselleiro (1)
  • Ribes uva-crispa. Rañóns (2)
  • Cytisus scoparius, Xesta (1) 
  • Salvia officinalis. Xarxa (1)

Estrato gabeador:

  • Faba canela (7)

Estrato herbáceo:

  • Fragaria ananassa. Amorodos 

"Illa da fraga" 24 M2
Estrato arbóreo:

  • Acer sp. Arce (1 preexistente)
  • Quercus robur. Carballo (1 preexistente)
  • Castanea sativa. Castiñeiro (1 )
  • Acer sp. Arce (1)
  • Laurus nobilis. Loureiro (2)
  • Coryllus avellana. Abelaira (1)

Estrato arbustivo:

  • Sambucus nigra, Sabugueiro (2)
  • Origanum vulgare. Ourogo (2)

Estrato herbáceo:

  • Tagetes sp. (2)
  • Brassica oleracea vd. viridis, Berza (4)
  • Tanacetum vulgare, Tanaceto (2)
  • Borago officinalis, Borraxe (4)
  • Beta bulgaris, Acelga (4)
  • Espinacia oleracea. Espinafres(8)
  • Melissa officinalis. Erva cidreira(1)
  • Taraxacum officinale. Dente de león (sementeira)

Estrato solo:

  • Beta vulgaris sculenta, Beterraba (16) 

Ao final da xornada de traballo conxunto de todolos grupos participantes no Proxecto, realizamos unha reflexión sobre as tarefas desenvoltas ao longo do día.
Completamos durante o día de traballo 4 illas, e 2 illas mais durante o resto do mes.  En total 6 illas

Ficha de conteo de especies distribuidas por estratos e por illa para control de especies supervivintes 24 meses despois da implantación, permítenos avaliar as marras e visibilizar as especies que atoparon o seu lugar e gozan de bon desenvolvemento.
ALGÚNS RESULTADOS DO INCREMENTO DE ESPECIES:
TOTAL: 58 novas especies

Estrato arbóreo: 14

Estrato arbustivo: 12

Estratos herbáceo: 20 

Estrato solo e gabeador: 6 

Outras especies introducidas fora das illas-gremio, vexetación acuática e na beira da charca: 6


 

INSTALACIÓN DE REGA POR GOTEIROS

Realizamos o deseño hidraulico da instalación de rega, abrimos zanxas para extender tubería, preparamos as arquetas de derivación para os diferentes sectores de rega, instalamos todos os conectores necesarios e finalmente instalamos os ramais de rega por goteo en 5 das 6 illas do bosque comestible, deixamos 1 illa sen rega, como constraste para avaliar a supervivencia das especies implantadas  durante as épocas de seca do primeiro verán. 
A idea pricipal é chegar a unha situación de autorregulación hídrica onde as plantas que consigan arraigar non precisen deste apoio, para asegurar unha maior taxa de supervivencia, pareceunos interesante aportar esta axuda durante o primeiro an

RESTAURACIÓN DE CHARCA 

Contamos cunha pequena charca artificial no espazo do Bosque comestible, debido ao seu deterioro (varios puntos de fuga de auga, elevada concentración de materia orgánica no fondo, falta de vexetación) durante o mes de febreiro iniciamos tarefas de limpeza e acondicionamento con intención de enchela de auga para conseguir a súa estabilización na primavera.

Estado inicial da charca, Xaneiro 2021 Comezamos pola retirada das partes secas de Espadana e exceso de materia orgánica sobrenadante, localizamos as fugas de auga da lona rota, coa intención de parchealos .

Predio anegado coas chuvias de febreiro-marzo 2021

A nosa charca encheuse coa auga da chuvia antes de que chegaramos a parcheala.  

Tarefas de valeirado e limpeza de fondo. Finalmente tivemos que valeirar a charca e substituir a lona vella por unha lona  nova. As complicacións sobrevidas polo mal tempo supuxeron un traballo extra e un retraso nas operacións de recuperación da charca 

Xusto antes de rematar o curso o alumnado de 2 Csup dedicaron varias xornadas de tarde para preparar a charca antes da instalación da nova lona.

Extendido e colocación de nova lona EPDM apta para a vida animal.  Enchemos a charca con auga do pozo, o retraso das tarefas conlevou a que a charca non estivera estabilizada a finais da primavera como tíñamos previsto, durante o verán houbo unha proliferación de algas que disminui coa chegada do frío en outono. 

Colocamos tea de saco nas marxes para protexer a lona durante o verán, momento no que o nivel de auga descende e queda exposta á insolación.
Instalamos unha pequena bomba solar para millorar a osixenación da auga da charca, Preveemos instalar mais vexetación acuática  emerxente que millore a calidade da auga da charca.

 A "Espadana" Thypa latifolia é a especie predominante de vexetación acuática emerxente, incrementamos as especies vexetais acuáticas con (Lemna minor "Lentella de auga", Iris pseudacorus "Lirio amarelo", Juncus sp: Xuncos), nas marxes Osmunda regalis “Fento real” e outros fentos Blechnun spicant, Athynum filix e Polystichum sp., a intención é aumentar a hetereoxeneidade e número de especies presentes e consecuentemente a diversidade de flora e fauna potencial.
Durante o curso 2021/22 continuamos coas tarefas de mellora da contorna da charca e inventario de especies introducidas que sobreviviron

Os  fentos prosperaron inicialmente, mais á chegada do novo curso  encontrámonos con todas mortas a causa da seca estival. A vexetación acuática e acuática emerxente continua presente e en bo estado. 
Finalizamos a colocación de pedra natural na marxe da charca, e preparamos un talude para implantar unha mestura de herbáceas atraintes de polinizadores, 
Proximamente instalaremos un banco e un painel interpretativo. Comezamos a ver algunhas especies que nunca antes víramos por aquí, a última observación unha parella de Anas platyrhynchos, Ánade real (macho e femia).

AS CHARCAS FAVORECEN A BIODIVERSIDADE E TEÑEN A FUNCIÓN DE CORREDORES BIOLÓXICOS, ESPAZOS QUE CONECTAN CON HUMEDAIS DE MAIOR TAMAÑO.

MANTEMENTO DO BOSQUE COMESTIBLE

A volta das vacacións de verán realizouse un seguimento da mortandade de especies implantadas en cada illa gremio co fin de avaliar as que mellor se adaptan aos condicionantes da nosa parcela  e planificar unha reposición de marras (plantas mortas), Empregouse unha ficha modelo para o rexistro de datos. 

Durante o primeiro e segundo trimestre do curso escolar 2021/22 realizáronse en cada illa as seguintes labores de mantemento: Escardas, podas, aporte de astelado de restos de poda como coberteira de solo, reacondicionado e millora das borduras.
Durante o mes de abril pretendemos repoñer fallos de especies que morreron e aqueloutras plantas hortícolas anuais.

En todo o espazo do bosque: iniciouse o perfilado e acondicionamento de sendas existentes, astelado de restos de poda, repaso de alcorques na sebe perimetral, limpeza de materia orgánica da charca, acondicionamento da beira da charca con pedra natural..

Desbroce e reacondicionado dos perímetros

Escarda e preparación do terreo para establecer un corredor de polinizadores no espazo colindante á charca

MAPEO BIODIVERSIDADE

 Contamos con Ramses Pérez, Educador ambientalI de ADEGA (entidade colaboradora no Proxecto) Ensinounos a manexar o telescopio e varias apps de móbil para identificar aves polo seu canto e para rexistrar os avistamentos de forma copartida. 

Durante 2 horas estivemos identificando aves presentes no espazo do Bosque comestible, Identificamos aproximadamente 30 especies 

Rexistramos nun Póster as especies existentes coa intención de poder facer unha comparativa para avaliar a evolución das poboacións de aves no mesmo espazo en próximos cursos.

APROVEITAMENTO DA RESINA

A resina é unha secreción que producen no noso país certas especies do xénero Pinus, fundamentalmente Pinus pinaster, cando son estimulados por medios físicos e/ou químicos mediante incisións na cortiza ou mediante o tratamento con ácidos.

A resina nas árbores ten unha función protectora fronte as agresións do medio, estimula a cicatrización e  regulada o crecemento

Ainda que Galicia non é tradicionalmente unha comunidade produtora de resina, na actualidade reactivouse o aproveitamento resineiro noutras comarcas tradicionalmente produtoras e o seu interese en Galicia.

Coas particularidades dos nosos montes  , conclúese que para o aproveitamento da resina en Galicia debería adaptarse o modelo de aproveitamento tradicional, centrándose a extracción nas 2 ou 3 campañas previas á corta final.

Así mesmo para o encaixe do sector, haberá que desenvolver as posibilidades de mecanización da execución das picas e a obtención de resinas ecolóxicas de alta calidade.

Hedgar Fernández explicounos os métodos de resinación de árbores en pé que están a ensaiarse en Galicia para o encaixe do sector do aproveitamento da resina nos piñeirais galegos. 

Experimentamos diversas técnicas: pica de cortiza con estimulación ácida con emprego de ferramentas manuais e picas mecanizadas con coroa circular e motoserra, sistema borehole, asi mesmo  analizamos o uso de novos métodos de recollida con envases pechados para obter unha resina de maior calidade libre de impurezas e sen perda da fracción volátil.

CULTIVAMOS SHITAKE

O fungo Lentinula edodes, coñecido como Shiitake, é unha Especie orixinaria do continente asiático, o seu nome provén do xaponés, "shii" fai referencia á arbore
sobre a que medrade forma natural e "take" significa fungo.

Na actulidade o seu cultivo extendeuse a outros países de todo o mundo, incluido España, posicionándose no mercado como un produto cun futuro prometedor polo seu valor culinario e propiedades mediciñais.

Trátase dunha especie saprotrófica que medra sobre madeira morta de especies da familia das Fagaceas, no seu hábitat natural medra sobre tocóns e árbores mortas do bosque.

Existen diferentes formas de cultivo, aquí referímonos ó xeito de cultivo inspirado nas técnicas de cultivo tradicional de Xapón sobre troncos de madeira, realizado no exterior á sombra baixo dosel arbóreo, sobre troncos de madeiras nobles como o carballo ou castiñeiro, sendo o carballo o máis apropiado para o seu cultivo.

Preparación dos troncos:
- limpeza con cepillo metálico para retirar restos de serraduras e musgos. 
- Perforacións en cada tronco con trade, cunha broca de 8,5-9-10 mm con limitador de profundidade, espaciados 20-30 cm no eixe lonxitudinal e 5 a 7 cm entre cada fila.

Inoculación do micelio:
-Introducindo un pellet por burato quedando enrasados coa superficie do tronco e cubrindo con filme plástico transparente de 5 cm de
ancho para evitar perdas de humidade e previr a entrada de microorganismos. Durante o acondicionado dos troncos e preparación dos materiais para inoculación, débense evitar posibles contaminacións, empregaranse
ferramentas desinfectadas con alcol diluido ao 10% e luvas.

Incubación:  nesta etapa acomódanse os troncos inoculados en posición horizontal á sombra para a colonización micelial da madeira durante 6 a 9 meses, mantendo humidade mediante rega por microaspersión e poden
recubrirae con plástico de PE negro perforado.

Fructificación: indúcese retírandolle o filme plástico e mergullando os troncos en auga
durante 12-24 horas, unha vez que medran os primeiros cogumelos.
Colleítanse cortando pola base do pé, unha vez que se desprende o veo parcial e o sombreiro do cogomelo está turxente e ten forma semi extendida.

 

Aproveitamento apícola e outras cousiñas que andamos tramando:  

Obradoiro de Cosmética apícola: novos usos dos produtos do colmear
Palestra sobre Vespa velutina: mitos e realidades no seu control
Experimentación con Augas florais ou hidrolatos para incorporar na elaboración de xabóns.

DIFUSIÓN DO NOSO PROXECTO

.O alumnado do módulo de Técnicas de Educación ambiental elaborou varios materiais divulgativos sobre os Bosques comestibles (Trípticos e Microvídeos), así mesmo realizouse unha comunicación para presentar o proxecto nas Xornadas da SEAE "Una salud, un planeta, un mundo rural vivo 2021" e durante os primeiros meses mentras non estaba operativa esta web,  editouse un Boletín coas tarefas realizadas e a planificación das seguintes a executar nos vindeiros meses. 

RECURSO: Ficha cultivo de Shiitake sobre troncos de madeira de carballo



RECURSO: Fichas elaboración Bioestimulantes a partir de extractos vexetais



RECURSO: Ficha horta escolar agroecolóxica



As nosas leiras!!!!

Ou coma quen dí, aquilo que nós consideramos importante para  a motivación cara accións de transformación ecosocial.

O IES Cidade de Antioquía é un instituto de ensinanza secundaria onde se poden cursar os seguintes ciclos da familia profesional agraria:

  • CFGM Produción agropecuaria
  • CFGM Aproveitamento e conservación do medio natural
  • CFGS Xestión forestal e do medio natural