O NOSO ESPAZO


O bosque implantarmolo na finca de A Granxa do IES San Rosendo, en Mondoñedo.

Cunha superficie duns 4000 m2, O espazo presenta tres zonas diferentes. 

Cara o sur, contamos con, distintas especies forestais frondosas (Juglans nigra, Prunus avium, Betula celtiberica, Fagus sylvatica, Quercus rubra) e coníferas (Sequoia semprevirens e Sequoiadendrum giganteum)

A zona intermedia está ocupada principalmente por froiteiras. 

Por último, comezaremos os traballos de rexeneración do solo na zona sur, onde atopamos un terreo degradado que, na actualidade non conta con ningún cultivo 

DESEÑO DO BOSQUE

Á hora de deseñar o bosque o principal condicionante é que se trata dun espazo con fins didácticos, aínda que tamén queremos que sirvan de exemplo para alumnado que, nun futuro, queira desenvolver a súa actividade profesional ao redor de bosques produtivos ou realizando actividades de educación ambiental.
O feito de estar nunha finca de prácticas nun núcleo urbano esixe que cumpramos certos criterios estéticos.
Por último, no noso caso, o estrato arbóreo está implantado en grande medida, polo que nos adaptaremos a el.
Para cumprir con todo isto fixemos un deseño en "illas", nas que aproveitando as árbores existentes introducimos especies arbustivas, herbáceas, epífitas e subterráneas.

 

A elección de especies en cada illa está condicionada pola exposición ao sol, buscamos asociacións favorables, aproveitamentos interesantes e que houbese unha alta densidade de especies.

Na primeira zona a estratexía a seguir guiarase polos principios de Forestería análoga, é dicir o bosque natural será a nosa guía para establecer un ecosistema estable e socioeconomicamente productivo. 

Neste caso, o estrato arbóreo xa está implantado así que o que nos queda é deseñar un bosque no que aparezan tamén os estratos arbustivo, herbáceo, epífito e xeófito, e para iso empregaremos especies presentes nos bosques naturais do entorno. 

A zona intermedia está ocupada principalmente por froiteiras. Nesta zona buscaremos a produción de alimentos, froitas, verduras, plantas mediciñais e aromáticas. Para isto deseñaremos un espazo no que se manteña a fertilidade e a productividade a través da sinerxias entre especies.  

Por último, na zona situada máis o norte na actualidade non existe ningún cultivo, isto é así xa que aquí o solo ten moi pouca profundidade e presenta numerosas carencias.  Aquí buscaremos realizar cultivos que sirvan de abonos verdes e, co paso dos anos mellorar as caracterísiticas dese solo para que poida albergar cultivos arbustivos e arbóreos. 

A IMPLANTACIÓN DO BOSQUE

Os traballos necesarios para implantar o noso bosque fixéronse en varias etapas:
- Coñecemento do espazo: analizamos o clima, o solo e a vexetación espontánea
- Eliximos os lugares de cada illa.
- Deseñamos a forma e as especies a incluir.
- Preparamos o terreo.
- Plantamos e sementamos.
- Acolchamos.
Ademais foron precisos traballos complementarios como triturado para acolchar ou producir planta 


Coñecendo o espazo

Os factores abióticos como clima e solo, van ser determinantes á hora de elexir especies. Por iso comezamos analizando o clima e enviando mostras de solo a analizar.
Da análise do solo concluímos a necesidade de Potasio, porén decidimos tratar de corrixila sen aportes de adubos minerais, tan só incorporando compost e material vexetal para o acolchado e  empregando plantas que melloren o solo.

No estudo inicial analizamos tamén a flora existente

Algunhas das plantas con potenciais aproveitamentos que atopamos no espazo

Ortiga (Urtica sp.)pode empregarse en estratos vexetais como melloradora do solo. Tamén en maceración ou infusión úsase no control de pragas insectífuga e funxicida. Tamén é apta para o consumo humano tanto como planta comestible como empregada en infusión.
Dente de león (Taraxacum officinale): Emprégase para consumo humano como planta comestible e empregada tamén en infusión.
Herba de San Roberto (Geranium robertianum): Ten un uso medicinal, aínda que na actualidade non é moi importante, as follas son antireumáticas, adstrinxentes e diuréticas.
Labazas (Rumex sp) As labazas moi desprezadas por considerarse unha “mala herba” moi invasora, porén as follas poden empregarse en maceración como funxicida.. Dentro de este xénero atopamos a especie Rumex acetosa, acedera apreciada como comestible en ensaladas.
Chantaxe (Plantago lanceolata e Plantago minor:) Plantas moi apreciadas en fitoterapia polas súas propiedades antinflamatorias, emprégase tanto en infusións, maceracións ou tinturas en infeccións das vías respiratorias altas, como en uso tópico para tratar feridas e contusións.
Mentrastre (Mentha suaveolens): Como as outras mentas posúe mentol e ten unhas propiedades similares. Se ben en doses altas pode ser tóxica.
Fiúncho (Foeniculum vulgare): As súas sementes son empregadas como dixestivas.
Violetas (Viola sp): As especies do xénero viola pódense empregar como comestibles (as flores) e tamén as follas e flores en infusións. 


Deseñamos e preparamos illas.

 

Para isto se analizaron distintas plantas tendo en conta as súas posibilidades de aproveitamento, os seus beneficios ecolóxicos e as asociacións entre ellas. 
 

- Delimitación das illas cunha barreira físisca para ter unha idea aproximada da súa forma. Neste caso foron delimitadas con troncos de chopo. Cómpre ter en conta a necesidade de manexar a illa sen pisar o terreo polo que non deben ser excesivamente anchas. 

-Preparación do solo: engadimos compost na illa para aportar nutrientes e solo (cabe a posibilidade de introducir primeiro palla ou otros materiais vexetais que aporten nutrientes). 

-Plantamos e sementamos as especies. 

- Aportamos palla e viruta como material de mulching 

Outros traballos de implantación

Ademais das illas, noutras zonas do bosque empregamos o cultivo intercalado entre o arborado, o cultivo de adubos verdes para rexenerar o solo ou traballamos coas sebes para fomentar a biodiversidade

Recuperando o liño

 

O cultivo do liño coñécese en Galicia dende a antigüidade, se ben nos últimos tempos foise abandonado. O uso de fibras sintéticas substituíron ao liño. Porén, aínda quedan colectivos intentando manter as tradicións vinculadas a este cultivo en Galicia. Un destes colectivos é a Asociación de Mulleres da Insúa de Vilalba, que visitaron o noso IES en varias ocasións e animáronos a probar o cultivo de liño. 

Hoxe en día o seu aproveitamento vai máis alá do téxtil, tamén se emprega para alimentación humana e para pensos do gando. 

Para experimentar e aprender a cultivar o liño e para contribuír a manter os saberes tradicionais, sementamos liño no noso bosque 

“Arrigai, arrigadeiras, daille o liño aos ripadores que xa ven a primavera e hei de tomar dos amores” 

Setos vivos

Os setos vivos convértense en refuxio de fauna,  por iso que buscamos establecer, en distintos puntos do bosque setos con diferentes especies.
Nesta ocasión empregamos distintas especies de Salix., para entretecer un seto vivo moi bonito, xunto co alumnado de 2º da ESO

Prácticas silvoarables

As árbores de folla caduca permiten condicións de luz no inverno o que se pode aproveitar para implementar prácticas silvoarables que permiten combinar produción agrícola e forestal nunha mesma parcela incrementando a produtividade e xerando paisaxes máis resilientes.
Nós introducimos grelo, cultivo de inverno, debaixo do arbolado
Aquí podedes ver algúns exemplos: https://agroforestrynet.eu/2-technical?lang=es 

Traballos complementarios: 

Seguindo o principio de aproveitar todos os recursos que produza o bosque, preparamos material para acolchar cos restos de poda
Isto non so vai a impedir o crecemento de herbas non desexadas, senon que ademais permite conservar a humidade do solo e aporta nutrientes procedentes do propio bosque

OS APROVEITAMENTOS

A diversidade de aproveitamentos no bosque é un dos principais obxectivos do proxecto, non só como fin didáctico, senón tamén para servir de exemplo e inspiración.

Recollendo zume de bidueiro

Chamado árbore da sabidura polos celtas, o bidueiro é recoñecido polas múltiples propiedades mediciñais. 
Nos recollimos o zume dos biduerios do noso bosque. Este zume contén numerosos oligoelementos e minerais. En fitoterapia emprégase como diurético, antioxidante e polo seu aporte de vitalidade.
Para reollelo fixemos un pequeno burato de un cm de diámetro e 1,5 de profundidade, aproximadamente, introducimos unha goma que conduciu o zume ata unha botella. Despois de dous d.as, recollimos o líquido o quentamos a 80ºC e o envasamos.

Visitamos a empresa shiifos

Vistamos a empresa shiifos dedicada ao cultivo de setas de forma tradicional,  ecolóxica.e sostible.
Coñecimos como cultivan o Shitake, Reishi e Maitake. Agora toca facelo no noso bosque

Comezamos o cultivo de Shiitake

O fungo Lentinula edodes, coñecido como Shiitake, cultívase polo seu valor culninario e polas súas propiedades mediciñais.

O nome de Shiitake ven de “Shii”, nome dunha árbore da familia das fágaceas, nativa de Xapón, e “take” que significa seta en xaponés. E chámase así porque nesta árbore a seta, aparece de forma natural. Trátase dunha seta saprófita que crece sobre a madeira morta. Desta forma, para o seu cultivo empregamos troncos de árbore, preferiblemente da familia das fagáceas, sendo o carballo o máis apropiado para o seu cultivo.

O proceso de cultivo inclúe a inoculación: para o que hai que limpar os troncos de madeira cortada recentemente, para evitar que aparezan outros fungos; facer os buratos, introducir o inóculo (nos empregamos inóculo misturado con serrin para evitar que sexa comido por lesmas, ratos...), e tapar con cera de abella.

Unha vez inoculado se coloca nunha pila á sombra durante máis ou menos un ano, pasado este tempo, sumérxense os troncos en auga durante dous días e, xa están os troncos listos para comezar a producir shiitake.

Nos comezamos inoculando coa axuda de Pedro e Jose da empresa Shiifos

Obradorio de plantas medicinais

 

Aprender usos das plantas medicinais e aromáticas que cultivamos no bosque comestible foi o obxectivo deste obradoiro, impartido por Carmela e Chusa de Milhulloa. 

Con sarxa, melisa, tomiño, romeu, herbaboa, menta, chataxe e tomiño limonado fixemos xarope inmunoestimulante, tintura relax, protector labial, dentífrico e colutorio. 

Agora toca comezar coa recolección das nosas plantas para poder reproducir o aprendido 



.

A EDUCACIÓN AMBIENTAL

Aproveitamos a oportunidade que nos da este espazo para realizar actividades de educación ambiental onde se abordaron cuestións como a importancia da biodiversidade, os residuos ou a necesidade de coidar e rexenerar o solo

Aproveitamos material de refugallo para comedeiros e bebedeiros de paxaros

Co alumnado de 2º da ESO de tecnoloxía, aproveitamos envases e botellas para facer comedeiros e bebedeiros de paxaros.

Investigando a biodiversidade do bosque

O 26 de marzo aproveitando os coñecementos do noso alumno Pedro Rolle en materia de paxaros fixemos unha pequena investigacin sobre os paxaros que temos no bosque, apareceron verderolos, ferreiriños (bacachís, común e abelleiro, xirn, xílgaro, tordo, merlo,, corvo e pega rabilonga). Deixámolles os comedeiros postos para que nos sigan acompañando.

O COIDADO DA BIODIVERSIDADE

Unha das principais motivacións de estes espazos e procurar que haxa unha elevada biodiversidade tanto de flora como de fauna, xa que iso axudará a ter bosques moito máis resilientes.
Para favorecer a presenza de fauna no bosque introducimos comedeiros de paxaros, caixas niño (de avelaiona, mouco, peniqueiro, páridos e ourizos)
Outra das intervencións foi instalar unha charca para anfibios. Deixamosvos este enlace onde podedes ver os pasos a seguir para instalar unha charca para anfibios:.https://www.miteco.gob.es/images/en/charcas_y_anfibios_tcm38-480219.pdf
Agardamos a presenza de aves, anfibios e outra fauna no noso bosque para contribuir ao control das plagas que podan aparecer

Caixas niño

A presenza de fauna no bosque vai facilitar que se acade un equilibrio no ecosistema, mantendo as poboacións de organismo praga, en niveis razoables. O ferreiriño avelleiro en época de cría pode capturar 500 orugas e e ferreiriño común 1000 ovos de insectosademais de larvas e adultos. 

Moitas das especies que resultan beneficiosas no control de pragas e enfermidades agrícolas atópanse ameazadas pola destrución dos ecosistemas debido aos monocultivos, incendios, cortas a feito, contaminación... e tamén porque sobre eles pesan lendas e crenzas que dificultan a súa conservación. 

Unha boa forma de facilitar a presenza de especies de aves ou mamíferos interesantes é colocar caixas niño. As caixas adoitan ser específicas para cada especie, cada especie de paxaro ten as súas preferencias á hora de buscar un lugar idóneo para o niño, e debemos ter en conta que non todas as aves nidifican en caixas niño. 

A charca para anfibios

 A importancia das zonas húmidas para a conservación da biodiversidade queda resaltada na Directiva Marco de Auga, porén as pequenas zonas húmidas, de entre 1m2 e 1 ha, quedan fora de esta directiva. 

Recentes estudos demostran a importancia ecolóxica das pequenas zonas húmidas, de feito estas charcas véñense facendo dende fai anos en Europa e Norteamérica, e incluso hai países que inclúen estes ecosistemas nos seus plans de conservación, xa que:
 - Acollen especies que contribúen a biodiversidade natural 

- Conectan hábitats de auga doce, facendo de corredores ecolóxicos 

- Captan CO2 

- Son sistemas de depuración natural. 

E sobre todo contribúen a crear ecosistemas importantes para os ANFIBIOS, que están en regresión en todo o planeta.
Para realizar a nosa charcha os pasos que seguimos foron:
1º -Elixir a ubicación adecuada: nunha zona chaira, que recolla as augas das partes máis altas e lonxe dos pasos de vehículos.
2º- Deseñar a forma e superficie da charca: As medidas máis recomendables son entre 5-7 m de longo e entre 3-5 de ancho, evitando formas rectas. A profundidade máxima non debe ser maior de 1,5 m. 
3º- Replanteamos no terreo a charca.
4º -Excavamos o burato
5º - Cubrimos cunha tela impermeable de material apto para a vida acuática.
6º- Enchimos a charca con auga do pozo
7º.- Realizamos unha bordura con pedra natural.



PROMOCIONANDO O BOSQUE

Porque creemos en sistemas de xestión agroforestal con moita biodiversidade, que manteñan os valores ecosistémicos ao tempo que proporcionen recursos económicos e sociai, tócanos contar a nosa experiencia, para que haxa máis espazos que como o noso bosque, poña a vida no centro

PARTICIPAMOS NA OCTAVA EDICIÓN DA "FERIA DE LA CIENCIA" DO IES GALILEO GALILEI. NAVIA

A feira estaba dedicada aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e convidárononos a presentar o noso proxecto, que apunta a dous deles moi claramente: Produción e Consumo Responsable e Acción polo clima.
Aproveitamos para amosar que o bosque é moito máis que produción de madeira, que pode suminstrar moitos outros recursos ao tempo que mantén ou mellora o seu valor ecolóxico. Levamos unha mostra da nosa colleita e tamén fixemos uns obradoiros nos que, as persoas participantes, practicaron algunhas formas de empregar plantas medicinais obtidas no bosque, para obter outros productos elaborados

Xornadas Agroforesteraia "Son de Monte"

O martes 10 presentamos o noso proxecto "Rede de Bosques comestibles: unha nova xestión do espazo forestal fronte ao cambio climático" na xornada de "Agroforestería" dentro do proxecto "Son de Monte" desenvolvido por distintos Grupos de Desenvolvemento Rural. Aproveitamos para dar a coñecer a nosa experiencia e para compartir aprendizaxes e continuar tecendo redes con outras entidades que, coma nós, creen que o monte é moito máis que madeira. Anímate a formarte con nos!.

Saber un pouco máis do noso centro

O IES San Rosendo é un instituto de ensinanza secundaria onde se poden cursar os seguintes ciclos da familia agraria:

  • FP Básica Agroxardinaría e composicións florais
  • CFGM Aproveitamento e conservación do medio natural
  • CFGS Xestión forestal e do medio natural