A técnica: Henar Diéguez Rapa
Comezamos a xornada cunha charla sobre que significa "BOSQUE COMESTIBLE" e como comezar o deseño. A charla fíxose nunha aula, seguíndose vía videoconferencia dende o resto das aulas dos grupos participantes (O Covid manda!)
Poñémonos a deseñar!
Unha vez que temos claro en que consiste un bosque comestible os rapaces deseñaron as súas "illas" en papel, facendo unha selección de especies según o asesoramento de Henar: estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e de solo; usando especies formadoras de solo, abonadoras, ....
Realización das "illas" no terreo
As "illa" entendémolas como un inicio do noso futuro bosque comestible, algo así coma un xerme inicial no que probamos o que funciona e o que non no noso terreo e condicións. De doado mantemento e de realización sinxela. A partir das que iremos aumentando superficie de bosque según poidamos facelo e a natureza demande.
A continuación os amosamos detalles deste proceso en pasos:
1º Paso - Deseños das "illas"
No noso caso, o día do Obradoiro deseñamos e realizamos as catro primeiras illas. Aquí, embaixo, queda algún exemplo do traballo documental que nos queda desa xornada, onde se pode ver que seguindo unhas directrices claras non fai falla xerar unha documentación farragosa nin moi técnica, simplemente útil e efectiva:
Lista de especies por estratos
Illa Nº 1
Illa Nº 4
Na totalidade das illas, as especies implantadas na leira de prácticas é a seguinte:
Estrato arbóreo:
- Tilia sp. - Tileiro
- Pinus pinea - Piñeiro manso
- Paulownia tomentosa - Paulonia
- Corylus avellana - Abeleira
- Betula celtiberica - Bidueira
- Quercus suber - Sobreira
- Eucalyptus gunni - Eucalipto gunni
- Sambucus nigra - Sabugueiro
- Olea europaea – Oliveira
- Ceratonia siliqua – Alfarrobeira
- Persea americana – Aguacate
Estrato arbustivo:
- Cytisus sp. - Xestas
- Pistacia lentiscus – Lentisco
- Crataegus monogyna - Estripeiro común
- Thymus sp.- Tomiño
- Satureja montana – Segorella
- Hippophae rhamnoides – Espiño amarelo.
Estrato herbáceo e gabeadoras:
- Passiflora edulis – Maracuiá
- Tanacetum balsamita - Tanaceto
- Achillea millefolium - Milfollas
- Calendula officinalis - Caléndula
- Borago officinalis - Borraxe
- Hyssopus officinalis - Hisopo
- Hypericum perforatum - Herba de San Xoan
- Taraxacum officinale - Mexacán
- Foeniculum vulgare - Fiúncho
- Artemisia spp. - Artemisa
- Satureja spp. - Segorella
Estrato solo:
- Allo (plantel)
- Cebola (plantel)
- Berza (plantel)
- Rúcula (sementes)
- Faba (semente)
- Amorodo (plantel)
- Rábanos semente
- Leituga (plantel)
- Perexil (plantel)
Posición das illas na leira de prácticas
No obradoiro de Bosques Comestibles se estableceron as 4 primeiras illas:
Nº 1
Nº 3
Nº 4
Nº 6
O resto de illas (2, 5, 7) implantáronse no día da árbore do 2021.
O noso obxetivo e ir conectando as diferentes illas segundo vai evolucionando a vexetación nelas. Básicamente son un xerme que vai ir crecendo. Nesa evolución iranse determinando que especies van ben e cales non o fan. Das que se vexan ben adaptadas potenciaremos a súa presenza na leira de prácticas e axustaremos a súa densidade.
No espazo onde están as illas Nº 1 e Nº2 houbo unha viña da que xa non se fai uso (os ciclos que facían prácticas neste espacio eran vellos ciclos logse xa desaparecidos) polo que supón un espazo ideal para comprobar a evolución de especies de marcado carácter mediterráneo como o Pinus pinea, o Pistacia lentiscus ou aromáticas para valorar a súa adaptabilidade a estes terreos pobres, con pouca capacidade de retención de auga diante de veráns máis cálidos e con sequeiras cada vez máis longas que nos impón o Cambio Climático
2º Paso - Implantación das "illas"
As catro primeiras illas fixéronse co aporte de todos os grupos de agraria. E aquí queda unha secuencia fotográfica do transcurso da xornada:
Revisión e reparto da planta
Organización dos grupos de traballo
Mans á obra!
Con troncos delimitaremos o perímetro para dentro mellorar as condicións cunha capa de compost do noso composteiro
Illa Nº 1 delimitada
Botado o compost, plantar, regar e poñer unha capa de mulching, no noso caso palla.
Plantación.
Illa Nº 1 rematada. O seguinte, rede de rega...pero iso outro día, por hoxe xa foi traballo dabondo.
El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Despois do esforzo, un aplauso final á técnica do obradoiro. Ambiente festivo de fin de xornada.
Cultivo de cogumelos
O grupo de 2º Aproveitamento e Conservación do Medio Natural púxose mans á obra co fascinante mundo dos cogumelos : coñecéndoos, apañándoos, procesándoos e cultivándoos. Aquí vai unha mostra do camiño percorrido por todos eles neste aproveitamento de produtos do bosque:
Identificación das especies
O grupo comeza por facer percorridos, acompañados de profesorado do módulo de Aproveitamentos forestais, Fran e Tito, para coñecer os cogumelos que van aparecendo polos arredores das "illas", na finca de prácticas e polos arredores do instituto: rebentabois, matacandís, madeirudos, cantarelas, níscalos, ....
Exposición no centro
Para dar a coñecer o aprendido espuxéronse os cogumelos recollidos e identificados. Dando, tamén, información sobre a súa toxicidade e cualidades organolépticas. Así todos os niveis do centro (E.S.O, Bacharelato e Formación Profesional) poideron aprender un chisquiño do coñecemento adquirido polos nosos alumnos.
Primeiras probas de deshidratación de cogumelos
Coa adquisición dunha deshidratadora profesional poidemos comezar a facer probas de conservación de diferentes produtos da finca de prácticas. Entre eles, os cogumelos, como non!. Probáronse diferentes especies, diferentes temperaturas e diferentes periodos de secado. Agora queda ver o tempo de conservación en recipientes herméticos (tarros e bolsas)
Experiencia: comezar a cultivar os nosos cogumelos
Elexiuse como zona para o cultivo de cogumelos unha vella "área de voo" para paspallás. Acondicionouse para o novo uso. Despois acondicionouse a área, xa que nela se aproveitaba que houbera tea de sombreo e tiña unha toma de auga, rozando a superficie e montando uns atomizadores .
O primeiro foi preparar os troncos, xa que inocularemos cogumelos saprofitas. Todos os troncos son de especies da familia Fagaceae: carballos, bidueiras, ...
No obradoiro de cultivo de setas impartido ao grupo de 2º CM Aproveitamento e conservación do medio natural se lles explicaron os pasos a dar.

Elexiuse como zona para o cultivo de cogumelos unha vella "área de voo" para paspallás. Acondicionouse para o novo uso.
Elexiuse como zona para o cultivo de cogumelos unha vella "área de voo" para paspallás. Acondicionouse para o novo uso.
Despois de acondicionar a área, xa que nela se aproveitaba que houbera tea de sombreo e tiña unha toma de auga, rozando a superficie e montando uns atomizadores .
No obradoiro de cultivo de setas impartido ao grupo de 2º CM Aproveitamento e conservación do medio natural se lles explicaron os pasos a dar.
O primeiro foi preparar os troncos, xa que inocularemos cogumelos saprofitas. Todos os troncos son de especies da familia Fagaceae: carballos, bidueiras, ...
Fixemos buracos cunha broca nos troncos.
E.
Shiitake inoculado en sementes de sorgo.
Condicións adecuadas de humidade e luz
Aparte probáronse diferentes maneiras de producir os cogumelos. Tanto o Pleurotus eryngii como o Agrocybe aegerita se produciron en sacos inoculados comerciais
Ademáis dos sacos comerciais probamos máis variantes, como facelo en sacos de palla que inoculamos con pellets mollados en auga fervendo con Pleurotus ostreatus en sementes de sorgo.
Apicultura
Dende que comezamos co tema do bosque comestible, onde un dos dous pilares básicos era o aproveitamento apícola, o outro é a adaptación ao cambio climático, moitos cambios houbo no noso apiario e moitas actividades realizamos. Algunhas delas mostrámolas aquí:
Apiario orixinal
O noso apiario orixinal era moi pequeno, ademáis de enxames febles nalgún caso e temporada debido á Velutina. Consta de tres colmeas. Ao ser un pilar básico no noso Bosque Comestible fixemos un aumento do número de colmeas.
O noso sistema para manter a Velutina a raia
A maneira de conter o agresivo ataque da Velutina consistiu en trampeos (a mágoa é comprobar que son moi pouco selectivos) e montáronse arpas eléctricas alimentadas por enerxía solar. Nós seguimos un sistema moi similar ao explicado aquí:
https://www.latiendadelapicultor.com/blog/arpa-electrica-velutina/
Resultados do verán
Durante o verán non se puido coa velutina, a pesar do funcionamento das arpas. Unha gran masa de velutina nas bandexas ao comezo do verán indicaba que eran efectivas. Pero un análise ao rematar o verán demostrou que non foi suficiente. Houbo colmeas completamente baleiras. Unha mágoa!
Colaboración coa Universidade de Vigo para millorar o control da Vespa velutina
No mes de outubro a experta Sandra Rojas impartíu unha charla ao noso alumnado e fixo unha demostración de monitoreo da Vespa velutina para detectar a presenza de nidos preto do noso colmear
O resultado foi a localización de 3 niños desta depredadora de abellas. Tamén estivemos recollendo mostras en diferentes trampas con atraiente para comprobar a súa efectividade e selectividade.
Os niños localizados con este sistema de monitoreo de Vespa velutina se atoparon no alto de deu com
Máis información sobre o traballo desta investigadora na seguinte web:
https://www.atlanticpositive.eu/
El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Estado das colmeas ao rematar o verán. Inspección para confirmar que nalgunha delas non quedaba nin unha soa abella.
Estanque
Dende que comezamos co tema do bosque comestible, onde un dos dous pilares básicos era o aproveitamento apícola, o outro é a adaptación ao cambio climático, moitos cambios houbo no noso apiario e moitas actividades realizamos. Algunhas delas mostrámolas aquí:
Apiario orixinal
O noso apiario orixinal era moi pequeno, ademáis de enxames febles nalgún caso e temporada debido á Velutina. Consta de tres colmeas.
O noso sistema para manter a Velutina a raia
A maneira de conter o agresivo ataque da Velutina tratáronse de montar arpas eléctricas alimentadas por enerxía solar.
Resultados do verán
Durante o verán non se puido coa velutina, a pesar do funcionamento das arpas. Unha gran masa de velutina nas bandexas ao comezo do verán indicaba que eran efectivas. Pero un análise ao rematar o verán demostrounos que non foi suficiente. Houbo colmeas completamente baleiras. Unha mágoa!
Construcción dun estanque con lona EPDM
Seleccionamos como lugar idóneo unha zona de semisombra, preto do emplazamento da aula exterior e tamén do apiario (triangulo perfecto). Tivemos en conta que fora doado achegar auga nos momentos de sequía polo tanto que non tivera lonxe a rede de rega da finca
O buraco foi feito grazas á retroexcavadora do Concello de Tomiño. Que tivo a ben empregar un tempo prezado nesta tarefa que de maneira manual sería moi dura.
Encargouse unha lámina EPDM de dimensións máis que suficientes para o noso buraco. Empregamos o sistema de medir a lonxitude e ancho máximo do estanque para logo ....
O sistema de enchido do estanque, necesario nos momentos de sequeira prolongada nos veráns do Sur de Galicia, é automático. Foi montado polos alumnos de 1º Aproveitamentos e conservación do medio natural. Polo tanto, xa temos o nivel permanente para garantir que o estanque funcione como bebedeiro de abella.
El contenido de Youtube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Youtube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Aínda que o buraco base estivo feito de maneira mecanizada, houbo que botar terra na parte inferior da ladeira para poder manter o nivel constante de auga. Para esta operación foron de gran axuda o nivel de auga e o motocultor.
Saber un pouco máis do noso centro
O IES Antón Alonso Ríos é un instituto de ensinanza secundaria onde ademáis de cursar formación reglada obrigatoria pódese optar pola formación profesional da familia agraria, ademáis de bacharelato.
Os ciclos formativos da familia agraria que se imparten nel son:
- FP Básica en Agroxardinaría e composicións florais
- CFGM en Aproveitamentos e conservación do medio natural